InicioOnce persoas atendidas por unha colisión múltiple na Autovía do Morrazo

Once persoas atendidas por unha colisión múltiple na Autovía do Morrazo

O 112 puxo en marcha un operativo conformado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Once persoas necesitaron asistencia sanitaria tras producirse unha colisión múltiple na AG-46, a autovía do Morrazo, ao seu paso por Moaña.

Segundo informou o 112 Galicia, as lesións eran, en xeral, leves, por golpes ou por nerviosismo. Ás 12,40 horas, a central de emerxencias recibiu varias chamadas de particulares que alertaban deste sinistro.

Ademais, tamén recibiu datos a través do sistema E-call dun dos vehículos sinistrados, que a través da comunicación co interior, sóubose que entre os feridos había un menor e unha muller embarazada.

Con estes datos, o 112 puxo en marcha un operativo conformado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron necesarios os equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...