InicioSucesosMorre un gruista ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un...

Morre un gruista ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro cando descargaba un coche en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home que manexaba un guindastre faleceu ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro cando descargaba un coche na parroquia de Quintela, municipio de Redondela (Pontevedra).

Sobre as 8,50 horas deste luns, varios particulares alertaron ao 112 Galicia deste suceso nas proximidades dun taller da parroquia de Quintela.

Así, activouse un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Redondela, GES de Mos e axentes da Policía Nacional e Local. Tamén se informou aos Bombeiros de Vigo e de Porriño e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela. Unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou a morte do home. Os servizos de emerxencias proceden á liberación do corpo.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...