InicioSucesosInvestigado por matar o seu can en Baiona e presentar unha denuncia...

Investigado por matar o seu can en Baiona e presentar unha denuncia falsa

A Garda Civil investiga a un home de 50 anos por presuntamente matar o seu can na parroquia de Sabarís, no municipio pontevedrés de Baiona, e presentar no cuartel unha denuncia falsa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un home de 50 anos por presuntamente matar o seu can na parroquia de Sabarís, no municipio pontevedrés de Baiona, e presentar no cuartel unha denuncia falsa.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 10 de xullo o agora investigado presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil manifestando que a tarde anterior varios vehículos atropelaran e mataran ao seu can, sen chegar ningún a parar a socorrelo.

Tras as investigacións, os axentes comprobaron que o animal morreu a consecuencia dos golpes que a propinou o seu propio dono. Por iso, iniciouse a súa investigación como suposto autor dun delito de malos tratos animais e outro de denuncia falsa.

O investigado, veciño de Baiona de 50 anos, é coñecido polos seus “múltiples antecedentes tanto policiais como penais perpetrados na zona”. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...

Golpe ao contrabando de tabaco en Vigo

A Garda Civil, a través da Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Vigo, interceptou...