InicioSucesosIdentificado o cadáver da muller achada morta en Vigo

Identificado o cadáver da muller achada morta en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Nacional identificou o cadáver localizado este pasado luns nunha leira dunha zona rural de Vigo, que pertencía a unha muller de 53 anos de idade veciña da cidade.

Segundo confirmaron fontes policiais, o corpo da muller, que se atopaba boca abaixo, foi atopado por un veciño que estaba a realizar tarefas de roza nas proximidades da rúa Falcoido, nunha zona de difícil acceso na parroquia de Beade (preto da Avenida Clara Campoamor).

As mesmas fontes indicaron que este martes se lle está realizando a autopsia ao corpo, mentres que o grupo de investigación realiza xestións de contorna e horas previas ao falecemento da muller, para tratar de pescudar que lle puido ocorrer.

No lugar do achado recolléronse vestixios e tamén se tomaron pegadas do corpo, que a primeira ollada non presentaba signos de violencia. Todo apunta a que a muller levaba varios días falecida cando foi localizada.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo tacha de “tomadura de pelo” os alugueiros de Casa47 pola falta de equipamento básico

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, tachou de "tomadura de pelo" o...

Fillas de Cassandra lanzará na primavera ‘Tertúlia’, o seu segundo disco

O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou que neste 2026 o grupo lanzará o...

Caballero anuncia outra obra “histórica”; a das novas ramplas da Gran Vía

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este ano se iniciarán as obras...

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...