InicioSucesosO acusado de asasinar á súa muller en Gondomar alega que non...

O acusado de asasinar á súa muller en Gondomar alega que non lembra nada: “Eu non estaba vivo, eu estaba morto”

"Foiseme a cheminea", di.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O acusado de asasinar a coiteladas á súa muller en decembro de 2020 en Gondomar, Valentín A.B., asegurou este luns ante o tribunal que non lembra nada do día dos feitos, e chegou a proclamar: “Ese 2 de decembro eu non estaba vivo, eu estaba morto”. Así o trasladou no primeiro día de xuízo que se celebra contra el, cun tribunal de xurado, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Na súa declaración, o acusado negou someter á súa muller a malos tratos ao longo dos 41 anos de matrimonio e precisou que a vítima, Soledad, “durmía no sofá por que lle daba a gana”. Así mesmo, recoñeceu que algunha vez a colleu da cara, aínda que “non para magoala”, senón porque ela “non calaba”. De feito, asegurou que a relación matrimonial “non era mala”, aínda que empeorara desde que a familia trasladouse a vivir a Mañufe, en Gondomar.

O procesado, para quen as acusacións solicitan 30 anos de cárcere por asasinato, coas agravantes de parentesco, abuso de superioridade e xénero, aseverou que non lembra nada do ocorrido o 2 de decembro de 2020, nin conversacións telefónicas nin proferir ata 21 coiteladas á súa muller, nin confesar o crime logo a un taxista e a axentes da Garda Civil.

En varios momentos da súa declaración, Valentín A.B. mencionou que a súa muller lle insultaba con frecuencia e a convivencia con ela era “un inferno” porque ela “a montaba por calquera cousa” e, aínda que insistiu en que non a apuñalou, entrou en varias contradicións, e chegou a recoñecer: “Fóiseme a cheminea”.

A súa defensa solicita a libre absolución, e lembrou que, nas máis de catro décadas de matrimonio, non houbo “nin unha soa denuncia” da vítima contra o seu marido. “O que hai que preguntarse é como se dá o salto, como se chega a este extremo”, apuntou o letrado, que afirmou que neste caso non se pode falar de violencia de xénero, senón dunha “situación límite” e que, de feito, Valentín “tentouse suicidar” en varias ocasións.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...