InicioSucesosColisión entre un camión do lixo e un coche en Bueu

Colisión entre un camión do lixo e un coche en Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un camión do lixo e un vehículo chocaron na madrugada deste sábado na localidade pontevedresa de Bueu, na estrada do cemiterio, á altura do número 92.

Como resultado do sinistro, que sucedeu sobre as 00,30 horas deste sábado,unha muller resultou ferida, aínda que segundo a información do último parte dispoñible da Central de Atención ás Emerxencias 112, a muller non revestía gravidade.

Ademais, segundo indicaron os Bombeiros do Morrazo, que acudiron ao momento nada máis ser alertados polo 112 Galicia, a condutora estaba totalmente liberada e accesible, polo que, non foi preciso excarcerar.

A Policía Local chamou ao 112 para informar o accidente. Indicaban que eles, os axentes, foran alertados por un particular e que lles advertisen de que se trataba dun accidente grave entre un coche e un camión do lixo.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Uxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo e dos axentes de Tráfico. Tamén foi precisa a intervención do persoal de mantemento da vía. O persoal sanitario encargouse da evacuación da persoa ferida.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...