InicioSucesosFerida unha persoa en Gondomar tras saírse da vía co seu vehículo

Ferida unha persoa en Gondomar tras saírse da vía co seu vehículo

Unha motorista tamén necesitou asistencia sanitaria tras impactar contra un coche en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na localidade pontevedresa de Gondomar tras saír da vía mentres circulaba co seu vehículo, segundo informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press. Os feitos ocorreron sobre as 09,40 horas deste venres na parroquia de Vincios, concretamente na subida a Mos. Foi Urxencias Sanitarias quen alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

A partir de aí, deuse aviso á Policía Local, á Garda Civil, a Protección Civil e ao GES de Valmiñor. Pola súa banda, unha muller tamén resultou ferida na mañá deste venres en Vigo, tras producirse unha colisión entre un coche e unha moto. O 112 Galicia recibiu unha chamada duns particular minutos despois das 09,20 horas, indicando que unha motorista necesitaba asistencia sanitaria tras chocar contra un turismo na rúa Colón. Por iso, alertouse aos servizos sanitarios, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Vigo.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...