InicioSucesosDetido un limpador dunha residencia de maiores de Vigo por subtraer xoias...

Detido un limpador dunha residencia de maiores de Vigo por subtraer xoias na habitación dunha usuaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un limpador dunha residencia de maiores da cidade olívica como presunto autor do roubo de varias xoias na habitación dunha usuaria do centro.

Segundo informaron fontes policiais, o sospeitoso, que levaba poucos meses traballando no servizo de limpeza da residencia, aproveitou que tiña acceso ás habitacións e, en ausencia dunha das usuarias, substraeu un anel e uns pendentes de ouro, valorados en máis de mil euros.

Posteriormente, facéndose pasar polo seu lexítimo propietario, vendeu as xoias nun establecemento de compravenda de ouro, onde foron recuperadas pola Policía. O home foi detido por un delito de estafa e por un furto de xoias, e foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...