InicioRescatado o cadáver dun home que estaba dentro dunha arqueta na Cañiza

Rescatado o cadáver dun home que estaba dentro dunha arqueta na Cañiza

Desde o 112 Galicia informouse enseguida ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros de Ponteareas e á Policía Local da Cañiza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil rescataron este venres o corpo dun home dunha arqueta nunha leira do concello pontevedrés da Cañiza.

Foi un irmán do falecido o que deu a voz de alarma. Segundo contou aos servizos de emerxencias, o seu irmán acudira pola mañá a limpar unha leira. Sobre as 13,30 horas, ao ver que non volvía para a casa comer, saíu a buscalo e atopouno mergullado na arqueta.

Desde o 112 Galicia informouse enseguida ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros de Ponteareas e á Policía Local da Cañiza.

Unha vez no lugar dos feitos, os axentes, xunto cos particulares que se atopaban no lugar, puideron recuperar o cadáver sen ser precisa a intervención dos medios de rescate.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...