InicioSucesosUnha viguesa detida logo de que cometesen delitos de fraude coa súa...

Unha viguesa detida logo de que cometesen delitos de fraude coa súa identidade

Atópase en liberdade condicional logo de que alguén cometera un delito de fraude en Mallorca suplantando a súa identidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cristal Cougil quería vender un coche, o seu fillo animoulle a facelo por internet e coa excusa de axilizar a venda do coche un falso comprador solicitoulle copia da súa documentación incluído o seu número de conta bancaria para facer o suposto pago.

Apartir dese momento o falso comprador bloqueou os seus perfís en redes, para impedir a súa localización, motivo polo que Cristal interpuxo denuncia en previsión do que podía suceder, e que finalmente sucedeu.

Meses máis tarde recibiu o aviso da creación dunha conta bancaria fraudulenta en Madrid. A conta fora creada coa súa identidade por alguén que alugaba pisos inexistentes por internet quedándose cos cartos das supostas fianzas.

A súa sorpresa foi cando lle chamou a policía para que se presentase na comisaría de Vigo porque estaba en busca e captura. Un coche patrulla a levou esposada e detida, acusada de cometer numerosos delitos de estafa en Mallorca. Esposada e no calabozo, a policía decatouse xa de que se trataba de un erro, máis o procedemento penal continúa o seu curso.

Cristal atópase agora en liberdade condicional, acusada de cometer delitos de estafa e á espera de xuizo en Mallorca, localidade que asegura, nunca visitou.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...