InicioSucesosInterceptado en Tui un transporte de nove tenreiros sen documentación sanitaria

Interceptado en Tui un transporte de nove tenreiros sen documentación sanitaria

Foi durante un control realizado polo SEPRONA da Garda Civil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A patrulla da Garda Civil do Seprona de Tui interceptou durante a madrugada do pasado 30 de marzo, nun control ambiental na N-551, un camión de transporte de gando que trasladaba nove tenreiros louros, aproximadamente dun mes de idade, sen o crotal identificativo.

Segundo detallan nun comunicado de prensa, solicítase ao condutor a documentación dos tenreiros e manifesta que non a ten, que os comprou a un tratante portugués en Vilanova de Cerveira, e que os traslada para dalos de alta nunha explotación que ten no municipio coruñés da Coruña.

Así, intervense dito transporte cos nove tenreiros sen documentar e fíxase como lugar de depósito temporal a explotación do denunciado no concello coruñés, informándoo que os tenreiros intervidos situaríanse nun espazo distinto de onde estean os outros animais da explotación para previr a transmisión de enfermidades co resto da explotación.

A intervención cautelar durará ata que as autoridades competentes adopten a resolución oportuna, polo que se dá traslado ao Servizo de Sanidade Animal de Pontevedra para que realicen as actuacións oportunas, que informan á Xefatura Territorial da Coruña, que resolven o sacrificio e destrución dos animais, por ser material de risco de categoría 1 SANDACH (subproductos animais non destinados ao consumo humano e os produtos derivados dos mesmos).

Un dos tenreiros morreu na explotación ao día seguinte de chegar, segundo declarou o denunciado, que presentou aos servizos veterinarios oficiais da Coruña o certificado da recollida de cadáver por empresa xestora autorizada. O Seprona levantou acta da actuación e formúlase denuncia á Lei de Sanidade Animal, que pode levar unha multa de 3.000 a 60.000 euros.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...