InicioSucesosLocalizan o ancián de 89 anos desaparecido había varias días desorientado e...

Localizan o ancián de 89 anos desaparecido había varias días desorientado e ferido no parque do Castro de Vigo

O desaparecido padece unha enfermidade neurodexenerativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo localizaron a un veciño da cidade, de 89 anos de idade, cuxa familia o buscaba desde había días, camiñando desorientado e ferido nas inmediacións do parque do Castro.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado 30 de marzo, cando o 091 recibiu unha chamada informando da desaparición dun home de avanzada idade, que faltaba desde facía horas do seu domicilio.

Os axentes entrevistáronse cun familiar, que explicou que o ancián saíra de casa sobre as 10,00 horas para dirixirse a un establecemento próximo pero que, transcorridas varias horas, non regresara. Este familiar trasladou a súa preocupación á Policía, porque o desaparecido padece unha enfermidade neurodexenerativa.

A Policía organizou un dispositivo de procura por toda a cidade e logrou localizar ao home horas despois, cando deambulaba desorientado polas inmediacións do parque do Castro. O ancián presentaba un forte golpe na cabeza, polo que foi auxiliado polos funcionarios, que solicitaron a asistencia do 061 para trasladalo a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...