InicioSucesosDeteñen un veciño de Salvaterra como presunto autor de roubos con forza...

Deteñen un veciño de Salvaterra como presunto autor de roubos con forza en hoteis e outros delitos

O detido foi posto a disposición do xulgado de garda de Ponteareas, que decretou a súa posta en liberdade, investigado por varios presuntos delitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Salvaterra de 38 anos de idade, como presunto autor de cinco delitos de roubo con forza en establecementos hoteleiros, un delito de roubo con forza en grao de tentativa, dous furtos de uso de vehículo a motor e un delito contra a seguridade viaria (por circular sen obter nunca o carné).

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, a investigación iniciouse por mor dunha denuncia presentada en decembro do ano pasado, e deuse por concluída o pasado 19 de marzo, cando o sospeitoso foi detido tras ser sorprendido ‘in fraganti’ roubando no interior dun establecemento hoteleiro de Ponteareas, onde xa había sustraido diñeiro da caixa rexistradora e do bote de propinas.

As pescudas policiais permiten vincular a este detido con outros roubos con forza cometidos en locais hoteleiros da zona, así como a subtracción de dous vehículos, todo iso en Salvaterra, Ponteareas e Mondariz.

Unha vez arrestado, a Garda Civil comprobou que o home nunca obtivera permiso de conducir, polo que tamén se lle atribúe un delito contra a seguridade viaria. O detido, con numerosos antecedentes penais por feitos similares, foi posto a disposición do xulgado de garda de Ponteareas, que decretou a súa posta en liberdade, investigado por varios presuntos delitos.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...