InicioSucesosTui estuda ofrecer axudas para a compra dun coche aos propietarios dos...

Tui estuda ofrecer axudas para a compra dun coche aos propietarios dos vehículos calcinados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui estuda a redacción dunha ordenanza para a concesión de axudas para a adquisición dun novo coche aos propietarios dos vehículos queimados na madrugada deste pasado luns na localidade.

Todo iso despois de que 21 automóbiles acabasen calcinados no municipio tras rexistrarse ata cinco incendios diferentes que, supostamente, serían provocados pola mesma persoa, unha muller de 52 anos que xa foi detida.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto aos membros do equipo de goberno e de todos os grupos da corporación, reuniuse cos afectados, trasladándolles que o Concello contratou a un avogado para asesoralos na reclamación ante as aseguradoras.

Ademais, tamén se está xestionando cunha compañía de aluguer de coches a opción de dispor de vehículos para aqueles afectados que o necesiten con urxencia, que serán pagos polo goberno local. O rexedor tudense indicou que na tarde do luns xa comezaron a ser retirados os primeiros vehículos do conxunto histórico da cidade, que continuarán durante este martes.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...