InicioSucesosExcarceran un condutor tras envorcar co seu vehículo na beiravía da A-52...

Excarceran un condutor tras envorcar co seu vehículo na beiravía da A-52 ao seu paso por Ponteareas

Foi atendido nunha ambulancia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor tivo que ser excarcerado tras envorcar co seu vehículo na beiravía da autoestrada en Ponteareas (Pontevedra). Foi el mesmo, único implicado no accidente, quen chamou ao 112 Galicia pasadas as 11,30 horas para explicar que sufrira unha saída de vía en Guláns, no quilómetro 296 da A-52. O coche quedou envorcado sobre a beiravía e o condutor non conseguía abrir a porta.

Os xestores do 112 solicitaron a colaboración neste operativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS e da Policía Local de Ponteareas, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento das estradas. Ao mesmo tempo informouse aos bombeiros de Vigo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteareas por se fose necesaria a súa colaboración. Tras valorar a situación, os membros do GES-SPEIS da localidade encargáronse de excarcerar ao ferido, que foi atendido nunha ambulancia.

EXCARCERACIÓN EN MACEDA

Un home tivo que ser excarcerado despois de chocar o coche co que circulaba contra unha árbore en Maceda (Ourense). O condutor e único ocupante do vehículo foi liberado polos efectivos do GES de Maceda e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

O accidente produciuse no punto quilométrico 3,700 da OU-104, ao fío das 15,30 horas, á altura da parroquia de Zorelle. O 112 Galicia recibiu o aviso do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaba o persoal sanitario, a árbore estaba encima do vehículo. O servizo de emerxencias requiriu a intervención do GES de Maceda, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Maceda.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...