InicioSucesosUnha liorta multintudinaria en Vigo por riscar un coche sáldase cun ferido...

Unha liorta multintudinaria en Vigo por riscar un coche sáldase cun ferido e danos materiais

Todo comezou cando un menor riscou un coche cun monopatín.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha liorta entre varias persoas na cidade de Vigo, tras unha discusión por uns supostos danos nun vehículo, saldouse cunha persoa ferida e coa cristaleira dun negocio rota. Os feitos ocorreron a última hora da tarde, á altura do número 217 da rúa Travesía de Vigo. Ata alí trasladáronse numerosas dotacións de Policía Nacional e Policía Local.

Fontes policiais confirmaron que a rifa se saldou cunha persoa ferida leve, con danos nunha cella, aínda que non houbo detidos. Así mesmo, interviñéronse varias “armas contundentes” (un bastón, un amortiguador e unha chave de tubo) e rexistráronse danos materiais na cristaleira dun local de lavandaría autoservizo.

A disputa iniciouse, segundo a Policía, cando un menor raiou cun patinete un vehículo estacionado, a partir de aí encerelláronse dúas familias na rifa. Outras fontes consultadas por Europa Press informaron de que, na pelexa, houbo unhas 15 persoas implicadas, algunhas de etnia xitana e outras de orixe romanesa, e que se identificou a dous homes que abandonaron o lugar nun BMW. Estas fontes tamén sinalaron que, entre os efectos intervidos, había dúas pistolas simuladas.

O 061 confirmou o traslado, pouco antes das 21,00 horas, dunha muller que sufría unha crise de ansiedade. Trátase de M.T.L.G., de 59 anos de idade, que foi evacuada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...