InicioSucesosCondenado a 5 anos de prisión un veciño de Bueu por traficar...

Condenado a 5 anos de prisión un veciño de Bueu por traficar con cocaína e haxix

No escrito de acusación relátase que cando o acusado foi detido confiscáronlle nun rexistro do seu domicilio uns dous quilos cocaína valorada en 170.000 euros e catro quilos de resina de cannabis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou este martes a un veciño de Bueu a unha pena de cinco anos de prisión como autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas, por traficar con cocaína e haxix.

O xuízo resolveuse mediante un acordo de conformidade en virtude do cal o acusado recoñeceu a autoría de todos os feitos polos que estaba acusado, polo que a Fiscalía rebaixoulle a súa petición de condena que inicialmente era de oito anos de cárcere e impónselle unha multa de 150.000 euros, sendo a petición inicial de de 680.000 euros de multa.

O representante do Ministerio Público tamén tivo en conta as atenuantes de colaboración coa xustiza e a adicción ás drogas do procesado no momento dos feitos.

Ademais, o acusado, de 33 anos de idade, que permanece en prisión provisional desde o seu arresto o 4 decembro de 2021, poderá saír de prisión suspendéndose o resto da condena se demostra que está a se someter con éxito ao seu proceso de desintoxicación das drogas.

No escrito de acusación da Fiscalía relátase que cando o acusado foi detido pola Garda Civil confiscáronlle nun rexistro do seu domicilio uns dous quilos cocaína valorada en 170.000 euros e catro quilos de resina de cannabis valorada en 26.000 euros.

Ademais, dispuña de efectos relacionados coa manipulación dos estupefacientes como unha envasadora ao baleiro ou unha báscula de precisión e tiña un cartafol con anotacións de nomes e números ademais de 6.000 euros en efectivo. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...