InicioSociedadeLuz verde aos proxectos de urbanización de Navia o próximo martes?

Luz verde aos proxectos de urbanización de Navia o próximo martes?

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aprobará de forma definitiva o vindeiro martes os proxectos de urbanización do barrio de San Paio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Concello aprobará de forma definitiva o vindeiro martes os proxectos de urbanización do barrio de San Paio de Navia.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que se aprobarán os polígonos 1, 2A e 2B da ampliación de Navia, que en total suman máis de 200.000 metros cadrados de extensión.

Segundo el, isto permitirá a construción de vivendas con algún tipo de protección nos polígonos 1 e 2B, mentres que o 2A estará destinado ao novo instituto de educación secundaria.

Sobre esta infraestrutura, volveu a pedir á Xunta que asine o convenio para que o goberno local lle ceda o terreo para que constrúa o centro educativo, pero comprometéndose aos prazos temporais que se marcan desde o propio Concello.

Todo iso tras anos de enfrontamentos entre Concello e Xunta pola ampliación de Navia, despois de que a Administración autonómica proxectase uns 1.600 pisos na zona.

Precisamente fontes do Goberno galego indicaron a Europa Press que, de producirse esta aprobación definitiva, permitiría por fin empezar a obra de urbanización do polígono 1 que xa está en licitación e tras iso comezar as obras das vivendas e sacar chan a concurso para promotores e cooperativas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...