InicioSociedadeTrece policías e tres gardas civís vixilarán a Cidade da Xustiza

Trece policías e tres gardas civís vixilarán a Cidade da Xustiza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou este mércores a Cidade da Xustiza de Vigo xunto cos responsables da Unidade de Vixilancia de Edificios Xudiciais para avaliar as medidas de seguridade implantadas no edificio.

No percorrido, apuntáronse tamén as necesidades e previsións de persoal e de medios materiais, unha vez asinado o convenio co Ministerio do Interior en materia de seguridade nos edificios da Administración de Xustiza en Galicia.

No marco deste acordo, o Goberno galego destinará entre 2022 e 2025 seis millóns de euros para que efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado realicen labores de vixilancia e protección nas instalacións xudiciais.

Esta prestación será desenvolvida por un máximo de 206 profesionais, 81 de Policía Nacional e 125 de Garda Civil. Dese total, a Cidade da Xustiza da urbe olívica contará con 13 policías e tres garda civís.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...