InicioSociedadeAs augas fecais da cidade saen á ría sen ningún tipo de...

As augas fecais da cidade saen á ría sen ningún tipo de tratamento, denuncian

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo-Cíes asegura que calquera cidadán pode comprobalo, ao ter que "soportar os cheiros fedorentos ao dar un paseo pola zona".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ría de Vigo continúa a ser foco de continuas verteduras contaminadas. A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo-Cíes asegura que calquera cidadán pode comprobalo, ao ter que “soportar os cheiros fedorentos ao dar un paseo pola zona”.

Así, insisten en que se poden observar aínda verteduras de augas residuais na ría dende os colectores de saneamento municipal. “A actitude pasiva dos responsables tanto de Acualia como municipais, co alcalde á cabeza, demostra unha irresponsabilidade total e mesmo un incumprimento dos compromisos adquiridos coa Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que pechasen o expediente de infracción aberto por contaminación á ría“, denuncian.

Deste xeito, móstranse convencidos dende a plataforma de que “unha vez máis para pechar dito expediente de infracción, emitíronse informes que non se adaptaban á realidade para poder sortear as multas“.

E é que, segundo apuntan, “é evidente que se segue incumprindo a legalidade vixente sobre o tratamento de augas fecais, como establece a Directiva Marco da Auga”, polo que “pedimos que se remate con estes episodios de contaminación”.

“Non abonda con saír na foto señor alcalde, nin ter moitas luces”, critican, engadindo que o que ten que facer Abel Caballero é “cumprir co seu cometido e non barrer a basura para debaixo da alfombra”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...