InicioSociedadeA San Silvestre celebrarase en febreiro e as uvas de Fin de...

A San Silvestre celebrarase en febreiro e as uvas de Fin de Ano tomaranse en marzo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, así o anunciou tras os aplazamentos sufridos por mór das choivas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade celebrará a carreira de San Silvestre a mediados do mes de febreiro, despois de que tivese que ser suspendida o pasado 31 de decembro polo temporal.

En rolda de prensa, o rexedor olívico indicou que o evento se celebrará do mesmo xeito que se ía a facer en fin de ano, xa que “moita xente ten os disfraces preparados”.

Tamén indicou que a mediados de marzo levará a cabo a festa de despedida de 2022 que se ía a desenvolver en Praza de América o 31 de decembro. Caballero non descartou mesmo que se tomen uvas para celebrar a chegada da primavera.

Antes, o alcalde lembrou que o próximo 5 de xaneiro a cabalgata de Reyes percorrerá as rúas da cidade. Á mañá, de 11 a 15 horas, permanecerá estática na Avenida de Castelao, mentres que a partir das 17.30 horas partirá desde alí ata Porta do Sol, pasando por Praza América, Camelias, López Moura, Pi e Margall, Paseo de Alfonso e Elduayen.

NADAL “INIMAXINABLE”

Abel Caballero volveu a pór en valor o “éxito inimaxinable” do Nadal de Vigo, que volveu a permitir que os establecementos hostaleiros rexistrasen un 85 % de ocupación este pasado fin de semana a pesar das choivas.

Así, celebrou o gran número de visitantes chegados do resto de Galicia e de España, ademais dos miles de viaxeiros procedentes de Portugal.

Debido á mellora do clima, para esta semana prevese gran multitude de desprazamentos, polo que o Concello puxo en marcha un novo plan de tráfico para evitar os grandes atascos contabilizados nos últimos días.

Desta maneira, o itinerario recomendado pasará por desprazarse a Samil en coche particular para alí coller as lanzadeiras de Vitrasa que transportan aos turistas ao centro da cidade, evitando aglomeracións de vehículos. Por iso, o goberno local anunciará os desvíos nos paneis das principais estradas de chegada a Vigo.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...