InicioSociedadeA plataforma Salvaterra-As Neves cede a urbanización da zona loxístico-empresarial ao Concello...

A plataforma Salvaterra-As Neves cede a urbanización da zona loxístico-empresarial ao Concello de Salvaterra

Esta cesión supón o 29,25 por cento da totalidade da área industrial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os promotores da Plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (Plisan) aprobaron este xoves, na comisión de seguimento, a cesión da urbanización da zona loxístico-empresarial ao Concello de Salvaterra do Miño, así como a entrega do aproveitamento urbanístico.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, con esta aprobación, cúmprese a lexislación urbanística e de ordenación do territorio. Estas normas establecen que os promotores están encargados de entregar ao concello os terreos correspondentes ao viario público, zonas verdes, espazos libres e o resto dos espazos destinados a equipamentos públicos.

Na reunión participou por videoconferencia a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, que acordou a entrega ao Concello das Neves do aproveitamento urbanístico, en base á superficie de terreos da Plisan localizados no seu termo municipal. Esta cesión supón o 29,25 por cento da totalidade da área industrial.

Así mesmo, resaltou que a Xunta, promotora da Plisan xunto á Autoridade Portuaria de Vigo e ao Consorcio Zona Franca de Vigo, prevé un orzamento de 1,64 millóns de euros para esta área empresarial.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...