InicioSociedade"Inundacións" na nova Cidade da Xustiza de Vigo

“Inundacións” na nova Cidade da Xustiza de Vigo

Sindicatos denuncian que hai expedientes que "corren perigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato Alternativas na Xustiza, dependente da Central Unitaria de Traballadoras (CUT), denunciou este venres que as choivas dos últimos días provocaron “inundacións” na Cidade da Xustiza de Vigo.

“Cando aínda non están instalados nin a metade das unidades xudiciais na Cidade da Xustiza de Vigo, xa se están deixando en evidencia algunha das costuras denunciadas en plena rehabilitación do antigo Hospital Xeral”, denunciaron desde o sindicato.

Segundo denunciou Alternativas na Xustiza nun comunicado, ademais do “ridículo espazo” que existe para os arquivos xudiciais, menos de 30.000 caixas polas máis de 110.000 que había nos baixos da rúa Lalín, agora hai que engadir as “inundacións”que tiveron lugar con motivo das importantes choivas dos últimos días.

O nivel da inundación foi importante posto que hai moitos expedientes mollados, mesmo se teme pola posibilidade de que algún deles sexa irrecuperable”, denunciou Alternativas na Xustiza.

ÚLTIMAS

Máis de 13 anos para un ex Testemuña de Xeová por agredir sexualmente a dúas nenas vinculadas á súa congregación

A Audiencia de Pontevedra condenou a 13 anos e medio de cárcere a J.C.M.A.,...

Os acusados de construír ‘narcolanchas’ en Vigo e Portugal negan saber que se usarían para traficar con droga

Os acusados pola construción de ‘narcolanchas’ en naves de Vigo e do norte de...

O goberno de Vigo atribúe as críticas de PP e BNG polo caso Saltamontes á súa “desesperación”

O goberno municipal de Vigo saíu ao paso das críticas realizadas nos últimos días...

O Reggaeton Beach Festival cancela todos os seus festivais, incluído o de Nigrán, por problemas económicos

O Reggaeton Beach Festival (RBF) comunicou este xoves a cancelación da totalidade da xira...