InicioSociedadeQuince minutos de aforro de tempo nos traxectos que chegan de rutas...

Quince minutos de aforro de tempo nos traxectos que chegan de rutas do Eixo Atlántico tras a apertura da estación intermodal

Comezará a funcionar este sábado 17 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A estación intermodal de autobuses de Vigo comezará a funcionar este sábado e suporá reducir os traxectos ata en 15 minutos, melloras nas conexións coa AP-9 e o Aeroporto de Vigo-Peinador e eliminación dalgunhas paradas.

Así o indicou Monbus nun comunicado, no que explicou que as rutas do Eixo Atlántico (XG-817) que finalizan en Vigo reducirán o seu percorrido entre 10 e 15 minutos.

Pola contra, as saídas desde a nova estación axustaranse entre 10 e 15 minutos para seguir mantendo as horas de paso e chegada. Por exemplo, o bus A Coruña-Vigo das 13.00 horas chegaba á cidade olívica ás 15.40 horas e agora o traxecto termina ás 15.25 horas.

Desta forma, nestas liñas elimínase a parada do Areal, salvo en autobús Lugo-Vigo das 5.30 horas; e no Vigo-Lugo das 8.30 horas. Pasa o mesmo a de Travesía de Vigo que só seguirá facéndose nos traxectos Pontevedra-Vigo por estrada.

No resto das concesións que teñen parada na antiga estación (XG-623, XG-621, XG-622, XG-624, XG-625 e XG-626) adecuarán os seus percorridos para chegar á nova estación.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...