InicioSociedadeA UVigo participa nun 'megaproxecto' europeo na procura da transición ecolóxica

A UVigo participa nun ‘megaproxecto’ europeo na procura da transición ecolóxica

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) foi unha das entidades seleccionadas para participar neste proxecto financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte Europa con máis de 15 millóns de euros e no que participan un total de 73 institucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) foi unha das entidades seleccionadas para participar nun ‘megaproxecto’ europeo financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte Europa con máis de 15 millóns de euros e no que participan un total de 73 institucións, ademais das principais infraestruturas de investigación da Unión Europea relacionadas coa agricultura.

O proxecto, chamado Integrated SERVices supporting a sustainable AGROecological transition (Servizos integrados que apoian unha transición agroecológica sustentable), tamén denominado AgroServ, trátase dun consorcio co que se busca facilitar a transición ecolóxica e o desenvolvemento dun sistema agroalimentario sustentable.

Segundo informou o Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI), a súa duración é de cinco anos e atópase liderado desde Francia polo Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS).

Nesta iniciativa, a Universidade de Vigo atópase representada polo laboratorio de Fisioloxía de Peixes PHYStoFISH, unidade dirixida polo catedrático José Luís Soengas, e a Estación das Ciencias Mariñas (Ecimat).

“Participar neste proxecto supón un gran reto, non só polas dimensións e tarefas previstas, senón tamén pola aproximación nova de traballar para a xeración dunha comunidade de servizos que sexa útil para o sector produtivo”, sinalou o principal responsable do proxecto na Universidade de Vigo, José Luís Soengas.

Ademais de Soengas, o equipo de traballo da UVigo está composto polos profesores Jesús Miguez e Marcos López, a investigadoras Marta Conde e Ayelén Branco e o director de Ecimat, José Manuel García.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...