InicioUn accidente entre catro coches deixa un ferido na autovía A-55 á...

Un accidente entre catro coches deixa un ferido na autovía A-55 á altura de Salceda de Caselas

O sinistro provocou retencións na zona, situada á altura da parroquia de Santo Estevo de Budiño, onde foi necesaria a intervención dos bombeiros e o servizo de mantemento da autovía para limpar os restos de combustible que quedaron esparexidos pola estrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser evacuada a un centro hospitalario debido a un accidente de circulación con catro vehículos implicados rexistrado na A-55 á altura de Salceda de Caselas.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o choque múltiple produciuse ás 17,15 horas deste mércores no punto quilométrico 24 da autovía en sentido Tui.

Ata alí mobilizáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 Galicia, que trasladaron a un dos ocupantes dos coches a un centro hospitalario para que recibise atención médica.

O sinistro provocou retencións na zona, situada á altura da parroquia de Santo Estevo de Budiño, onde foi necesaria a intervención dos bombeiros e o servizo de mantemento da autovía para limpar os restos de combustible que quedaron esparexidos pola estrada.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...