InicioSociedadeA Cidade da Xustiza de Vigo traballará ao completo previsiblemente para comezos...

A Cidade da Xustiza de Vigo traballará ao completo previsiblemente para comezos de abril

A mudanza estase a realizar a un ritmo de dous xulgados á semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cidade da Xustiza de Vigo traballará ao completo previsiblemente a comezos do próximo mes de abril, segundo informou este xoves o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, durante a visita ás instalacións do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde.

Ambos, acompañados pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, comprobaron de primeira man como marcha o traslado dos xulgados, mudanza que se iniciou o pasado 24 de outubro.

Durante a visita, Díaz-Castroverde agradeceu o labor do xuíz decano de Vigo e da Xunta de Galicia durante un traslado no que a primeira premisa era que non se producisen molestias aos cidadáns e aos profesionais. “A miña intención é seguir facendo visitas, non por controlar, senón por estar en contacto co xuíz decano e a delegada da Xunta”, chanceou.

O presidente do TSXG destacou que a súa única preocupación nestes momentos é a seguridade do edificio. “Estamos a traballar nesta cuestión. Esperamos que na contorna dun mes isto se atope en vías de resolución”, engadiu.

Pola súa banda, Serrano agradeceu a proximidade e confianza do presidente do TSXG. Así mesmo, volveu a recalcar que os traslados avanzan segundo o programa previsto de dous xulgados por semana.

“A sensación é de normalidade. Non me consta que houbesen suspensións polo cambio da sede porque os xulgados están a traballar para que iso non suceda. É un período transitorio longo con certa incomodidade, sobre todo para os profesionais, pero ao final sairemos gañando todos”, sentenciou Serrano.

Nesta mesma liña, Fernández-Tapias asegurou que o traslado “marcha segundo o previsto”. “Xa son dez os xulgados que se trasladaron e cinco as salas de vista en funcionamento. É unha moi boa noticia que sigamos a bo ritmo con este traslado e que continúe o funcionamento ordinario da xustiza, que era o noso obxectivo principal”, comentou.

A representante autonómica tamén destacou que, co traslado do Xulgado do Penal número 1, demandouse que a sala se adecúe e na próxima semana “terá a dixitalización cun sistema Webex para todas as salas”.

“É o máis avanzado que hai agora mesmo en España, un sistema que permitirá conectarse con outras comunidades autónomas. Trátase dunha moi boa noticia para a coordinación co resto de comunidades autónomas“, engadiu Fernández-Tapias.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...