InicioSucesosTrece anos de prisión para o home que matou ao seu irmán...

Trece anos de prisión para o home que matou ao seu irmán cunha aixada en Salceda

PUBLICADO O

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, dacordo co veredicto do tribunal do xurado, impuxo trece anos de cárcere ao home que matou cunha aixada ao seu irmán en Salceda de Caselas.

Na sentenza, a maxistrada presidenta indica que o tribunal popular considerou probado que a intención do acusado foi causar a morte da vítima, polo que cualifica os feitos dun delito de homicidio coa agravante de parentesco e a atenuante de confesión.

Así, o fallo declara acreditado que o sospeitoso, que mantiña malas relacións co seu irmánempezou a discutir con el e, nun momento dado, arrebatoulle a aixada que portaba e propinoulle tres golpes na cabeza que acabaron coa súa vida.

Na resolución, explica que o xurado entendeu que a causa da morte, sucedida en agosto de 2019, foron ese tres golpes na cabeza, un feito corroborado pola declaración das forenses.

Ademais, recalca que “facendo uso dunha ferramenta do campo, en concreto, unha aixada, atacouno de forma violenta nunha zona moi concreta do seu corpo, de importancia vital, a súa cabeza”. Como consecuencia desta agresión, matouno.

Ademais do trece anos de prisión, a Audiencia impúxolle a prohibición de aproximarse e comunicarse coa esposa da vítima e cos seus dous fillos durante un período superior en dez anos á pena de cárcere, así como o abono dunha indemnización ao tres familiares de 800.000 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...