InicioSociedadeCaballero anuncia conexións aereas entre Vigo e Londres en 2023

Caballero anuncia conexións aereas entre Vigo e Londres en 2023

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o Concello sacará a licitación un concurso público para a implantación de voos directos que unan Peinador con Londres a partir de 2023 e ata 2025.

Así o anunciou na súa rolda de prensa diaria o rexedor olívico, que informou de que o goberno local investirá ao ano uns 600.000 euros nesta acción. Caballero prevé que os voos comecen a operar en abril do ano que vén con tres frecuencias semanais en tempada alta e dúas, en tempada baixa.

Ademais, esta licitación levará aparellada campañas publicitarias específicas para a promoción da cidade. O alcalde puxo en valor que a intención é que se trate dunha conexión anual e non estacional “a prezos razoables”.

“Sabemos que a liña Vigo-Londres a prezos razoables préstase moito para o turismo de escapada, para viaxes de negocios e familiares”, reivindicou Abel Caballero, que puxo en valor a “alta demanda” que ten este voo.

Preguntado sobre as liñas aéreas anunciadas por el mesmo no principio do ano e que ían comezar a operar este mesmo mes de novembro con destinos como Bruxelas, Caballero dixo que “non descarta nada”, pero que polo momento non se porá en marcha esa licitación, só a de Londres.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...