InicioEconomíaTui acolle varios cursos para mellorar a empregabilidade da veciñanza

Tui acolle varios cursos para mellorar a empregabilidade da veciñanza

O Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, acolle estes encontros cunha ocupación nas súas instalacións superior ao 90%.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui desenvolve distintos proxectos -obradoiros de emprego, cursos de formación e actividades- co obxectivo de mellorar a empregabilidade da veciñanza tudense. O Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, acolle estes encontros cunha ocupación nas súas instalacións superior ao 90%.

Neste senso, este venres inaugurouse un novo obradoiro dual de emprego ‘Senda peonil río Furnia’ que ocupará a 20 persoas traballadoras e 5 de persoal directivo en dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e montaxe e instalación de construcións de madeira. Trátase dunha iniciativa para a que a Xunta de Galicia inviste más de 503 mil euros e o Concello tudense máis de 160 mil.

Así mesmo, o Concello iniciará tres cursos de formación proximamente que formarán 15 persoas desempregadas en cada un deles. Serán en tres especialidades: ‘Montaxe de mobles e elementos de carpintería’ cunha carga de 538 horas lectivas, ‘Instalación de elementos de carpintería’, cun total de 578 horas de formación, e ‘Venda de produtos e servizos turísticos’, con carga lectiva de 688 horas. En total, a Xunta de Galicia investirá nestes cursos de Tui máis de 181 mil euros.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...