InicioSociedadeCaballero anuncia novos voos a Vigo pero sen concretar datas

Caballero anuncia novos voos a Vigo pero sen concretar datas

Pide á Xunta que pague voos desde Peinador porque os utilizan cidadáns de fóra de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu este venres á Xunta de Galicia que pague voos desde Peinador xa que, segundo reivindicou, os avións subvencionados polo Concello tamén os utilizan cidadáns doutras localidades.

Na súa rolda de prensa diaria, tras ser preguntado polo concurso de voos que prepara o goberno local desde hai case un ano e que aínda non se puxo en marcha, Caballero volveu a cargar contra o Executivo autonómico, pedindo diñeiro para que financie voos.

O rexedor olívico insistiu en que a Xunta paga “practicamente todos os voos que se fan desde Santiago”. Unhas declaracións que foron desmentidas en varias ocasións non só polo Goberno galego, que reiterou que desde 2013 non financia a aerolíneas. Tamén o propio alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo (PSOE), indicou que só o Concello financia voos desde Lavacolla.

Con todo, Abel Caballero indicou que agora Vigo é un “destino buscado”, pero aínda así estase tratando de chegar a acordos con empresas para potenciar o aeroporto, como é o caso de Air Nostrum. A pesar diso, non deu datas de cando estarán operativos, aínda que no principio do ano anunciouse que chegarían xa en novembro.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...