InicioSociedadeInvestigadores da UVigo desenvolven un videoxogo sobre ciencia mariña

Investigadores da UVigo desenvolven un videoxogo sobre ciencia mariña

Son "ferramentas innovadoras e gratuítas" para a alfabetización oceánica dos máis novos e do resto da cidadanía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Misión Azul, posto en marcha polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), presentou este venres un videoxogo e unidades didácticas para achegar os retos da ciencia mariña aos estudantes, os docentes e os cidadáns en xeral.

En colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic), coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra e coa Unión de Cooperativas de Ensino (UeCoE), esta iniciativa creou “ferramentas innovadoras e gratuítas” para a alfabetización oceánica dos máis novos e do resto da cidadanía.

“A realidade climática fai necesario impulsar actividades de divulgación para concienciar sobre a preservación do océano”, reivindicou o director do CIM-UVigo, Daniel Rey, na presentación dos resultados de Misión Azul, tras un ano de traballo cun equipo multidisciplinar.

O obxectivo principal do proxecto era a creación dun videoxogo e dun catálogo de unidades didácticas que “son xa unha realidade” e que permiten a difusión e o desenvolvemento de coñecemento marítimo, así como “espertar vocacións científicas e valorizar o papel das mulleres investigadoras”.

“Nestas dúas ferramentas conséguese fusionar as TIC, as ciencias mariñas, a comunicación e a didáctica para realizar uns produtos adaptados aos intereses do alumnado de primaria e secundaria, para que eles poidan aprender de forma lúdica e nós estimular vocacións”, subliñou a vicerreitora de Comunicacións e Relacións Institucionais da UVigo, Mónica Valderrama.

Neste sentido, as unidades didácticas creadas en Misión Azul xa están dispoñibles na páxina web do proxecto e poden ser descargadas de forma gratuíta. Son seis volumes divididos en guía para o profesorado, contido temático e cadernos con actividades de laboratorio.

Na web tamén estará dispoñible ao longo da semana que vén unha versión beta do videoxogo, unha ferramenta que permitirá aos xogadores “vivir as historias a través do protagonista, Blu, un personaxe inclusivo sen xénero determinado”.

“Trátase dunha aventura de exploración con varios escenarios dentro dunha illa empregando claves que os mozos están adoitados manexar no seu día a día e enfocado dunha forma clara ao móbil”, destacou Antonio Pena, investigador de atlanTTic.

ÚLTIMAS

Piden oito anos de prisión para un acusado de roubar e agredir sexualmente a unha muller en Vigo

Un home enfróntase a oito anos e medio de prisión como suposto autor dun...

O Concello e Universidade de Vigo impulsan a creación dun Observatorio da Vivenda

O Concello e a Universidade de Vigo crearán un Observatorio da Vivenda para facer...

Rescatan un veleiro á deriva e encallado na costa de Vigo sen ninguén a bordo

Os servizos de emerxencia rescataron o pasado domingo un veleiro á deriva na costa...

Un axente da Policía Local de Vigo absolto tras ser acusado de chamar “matado” e “subnormal” a un discapacitado

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu a...