InicioSociedadeRueda, confrade de honra do Viño Condado do Tea e Espumosos

Rueda, confrade de honra do Viño Condado do Tea e Espumosos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou este domingo a calidade e variedade dos viños e dos espumosos do Condado do Tea, “que non deixan de conquistar novos mercados”.

Rueda asistiu á LXIII Festa do Viño do Condado de Tea, na que foi nomeado confrade de honra pola Confraría do Viño Condado do Tea e Espumosos. Alí remarcou o éxito das variedades desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, “unha terra consentida para o cultivo do viño polo coidado de 1.500 viticultores” e defendeu a relevancia dunha festa declarada de interese turístico de Galicia na promoción dos seus caldos.

Tal e como lembrou, Rías Baixas conta con máis de 4.000 hectáreas, máis de 5.000 viticultores e case 180 industrias que elaboran case 44 millóns de quilos de uva ao ano cun valor económico estimado de 180 millóns de euros.

Como subzona, Condado do Tea conta con 1.500 viticultores e unha superficie cultivada que supera as 1.000 hectáreas. Trátase dunha zona amparada polo indicativo de calidade recollido pola normativa europea e que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) promociona baixo o paraugas de Experiencias de Calidade.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...