InicioSociedadeTui cambiará a faciana dunha das entradas do Camiño Portugués na vila

Tui cambiará a faciana dunha das entradas do Camiño Portugués na vila

Acondicionará a rúa Barca que gañará 2.690m2 para uso da xente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O fomento da mobilidade activa, a creación de espazos públicos seguros e accesibles e a mellora significativa da calidade urbana e ambiental son, segundo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, algúns dos obxectivos do proxecto de acondicionamento da rúa Barca que vén de ser solicitado á rede ÁGORA da Deputación de Pontevedra.

O proxecto abrangue un ámbito de actuación dunha superficie aproximada de 2.390 m2, ubicada no casco urbano de Tui, e constitúe un segmento do tramo urbano do Camiño portugués de Santiago ao seu paso pola cidade. O ámbito afecta á Rúa da Barca completa, que está pavimentada en asfalto, desde a intersección na ribeira sur coa Rúa Tenencia, próxima ao embarcadoiro, ata a intersección polo norte con Rúa Arcebispo Maceira, esta xa pavimentada en pedra.

As actuacións contemplan a substitución do firme asfaltado por pavimentos de gran calidade, como lousa, adoquín de granito, que se concretarán na fase de proxecto. Estes pavimentos terán unhas características que permitan o tránsito moi restrinxido de vehículos de residentes. De xeito complementarioprevese a creación de pequenas áreas de descanso á sombra non ensanchamentos, a dotación de mobiliario urbano e iluminación. As actuacións tratarán de potenciar o seu valor como elemento singular de gran calidade ambiental.

Cabaleiro explica que se acadará unha superficie total para o peón de 2.980 m2, cun incremento de 2.690 m2 que representa gañar un 927,6% máis do espazo actual destinado ás persoas.

ÚLTIMAS

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...