InicioSociedadeNigrán destaca que a xente recolleu case o 95% dos restos das...

Nigrán destaca que a xente recolleu case o 95% dos restos das fogueiras nas praias

presume da súa campaña #SanXoanSenLixo2022

PUBLICADO O

- Advertisement -

Servizos de limpeza de diversas localidades costeiras, como na Coruña, tiveron que retirar á primeira hora residuos que foran abandonados nas praias con motivo da celebración da noite de San Xoán, con miles de fogueiras e de festas en Galicia.

Os residuos das praias coruñesas de Riazor e Orzán foron recollidos polos servizos de limpeza, pero os propios bombeiros da localidade destacaron en redes sociais que, tras a festa, tamén se puido ver a algúns participantes recoller non só os seus restos senón outros tirados nos areais.

Ademais, en Galicia impulsáronse iniciativas para lograr que os areais amencesen limpos, con éxito nalgúns casos como o de Nigrán. Nun comunicado, o Concello celebrou o “éxito” da súa campaña municipal de concienciación ambiental ‘#SanXoanSenLixo2022‘, ao amencer Praia América-Lourido “libre de desperdicios, nunha imaxe practicamente idéntica ao 2019, último ano das fogueiras na praia e cando se estreou esta iniciativa”.

Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xerado polos miles de asistentes, máis dun 95% –sostén o Concello– foi depositado polos usuarios nos correspondentes colectores, enchéndose por completo e concentrándose moitas bolsas á beira dos mesmos.

“CREMOS NA CONCIENCIACIÓN”

“Grazas a estar todo recollido previamente, os operarios municipais finalizaron o seu traballo de retirar o lixo en escasas dúas horas, estando a praia limpa por completo ás 9,00, igual que no ano, cando anteriormente o labor estendíase case ata mediodía”, traslada o comunicado.

Cremos na concienciación e na educación da cidadanía máis que na prohibición e esta é a mellor proba”, indicou o alcalde, Juan González, quen agradeceu a colaboración de Protección Civil difundindo a mensaxe durante a propia noite.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...