InicioSociedade"Vigo está a menos de 700 habitantes de recuperar os 300.000 cidadáns"

“Vigo está a menos de 700 habitantes de recuperar os 300.000 cidadáns”

"En seis meses escasos o número de habitantes creceu en 1.711", destaca Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade está a menos de 700 habitantes de recuperar a cifra de 300.000, segundo o patrón municipal a 15 de xuño, onde se recollía que había xa 299.321 vigueses.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor subliñou o “rápido” crecemento da urbe olívica, xa que a 1 de xaneiro deste ano estaban rexistrados no Concello 297.610 vigueses. “En seis meses escasos o número de habitantes creceu en 1.711”, reivindicou Caballero, o que, ao seu xuízo, “mostra o que está a suceder na cidade”.

Desta maneira, Vigo mantense como a cidade máis habitada de Galicia e está a piques de alcanzar cífraa marca de 300.000 persoas vivindo nas súas rúas. Dato que xa alcanzou noutras ocasións, como a comezos de 2020 ou en 2003.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...