InicioSociedadeCovelo busca concienciar contra a violencia machista cunha proba de orientación

Covelo busca concienciar contra a violencia machista cunha proba de orientación

As persoas participantes tentarán localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superar diversas probas que farán reflexionar sobre o maltrato. O prazo de inscrición remata o 17 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Covelo abre o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade
‘Oriéntate Covelo: Non hai sitio en Covelo para o maltrato 2022′. A través desta proba de orientación, o concello de Covelo quere visibilizar o seu rexeitamento á violencia de xénero. Organizada polo departamento de servizos sociais do Concello, esta actividade é financiada polo pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Así, ‘Oriéntate: Non hai sitio en Covelo para o maltrato 2022’ congregará, un ano máis,  familias e grupos “con ganas de explorar” que desenvolverán a actividade de orientación o domingo, 26 de xuño, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Estableceranse para isto dúas categorías: crianzas (distancia a percorrer de 5-6 Km) e xuvenil e adulta (todas as integrantes do grupo deben ser maiores de doce anos e a distancia a percorrer está nos 10-12 Km).

A carballeira do Campo da Feira será o punto de arranque no que se congregarán os equipos participantes (de entre dúas e cinco persoas) armados con mapa, tríptico e folla de balizas.

Esta proba por equipos combina orientación con mapa e diferentes probas especiais. As persoas participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo de bosque e urbano, para tentar localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superar diversas probas, que poden ser físicas ou de coñecemento, e que farán reflexionar sobre o maltrato e a importancia da loita contra a violencia de xénero.

O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media, e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles. A organización explica que existe a posibilidade de rematar a proba en menos tempo de establecido, no caso de ter completado todos os puntos ou non querer continuar coa actividade.

Os equipos deciden libremente a orde de busca e o ritmo a seguir. Cun alto compoñente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo son claves para completar a proba con éxito.

Neste enlace pode facerse a inscrición á actividade, con prazo ata o 17 de xuño.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...