InicioSociedadeA Coruña, a cidade más contaminada de Galicia e Vigo, na que...

A Coruña, a cidade más contaminada de Galicia e Vigo, na que máis mortes por esta causa se poden evitar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ao ano poderían evitarse en Galicia máis de 500 mortes relacionadas coa contaminación -presencia de partículas PM2,5 e NO2–, segundo apunta un estudo do Instituto de Salud Global de Barcelona (ISGlobal). O mesmo informe -que analiza parámetros das sete cidades galegas indica que outros 280 falecementos poderían evitarse se os galegos tivesen un maior e mellor acceso a vexetación e zonas verdes. Todo iso destacando que, en moitos dos indicadores, Galicia cumpre os estándares europeos.

Así, para establecer os niveis de contaminación, o informe elaborado por ISGlobal atende a dous contaminantes: PM 2,5 e NO2. As primeiras son as partículas contaminantes máis pequenas e consideradas as máis prexudiciais para o ser humano. Reciben o seu nome polo seu tamaño, cun diámetro inferior ou igual aos 2,5 micrómetros.

Na súa última revisión, a Organización Mundial da Saúde (OMS) prefire utilizar as PM 2,5 como indicador da concentración de partículas materiais no aire, xa que adoitan xerarse pola actividade humana. Recomendan que non se superen os 15 microgamos por metro cúbico de media anual; un valor que practicamente dobra Brescia, a cidade italiana que lidera o ranking con 27,5 gramos. Isto implica, segundo calcula o estudo, que se rexistran 293 mortes ao ano que serían evitables reducindo o mencionado parámetro.

Hai que baixar ata o posto 144 para atopar unha cidade do Estado español, o de La Línea de la Concepción, que pasa por pouco o límite sanitario (15,3), pero onde poderían evitarse 41 mortes. Os valores máis baixos atópanse en Umeà (Suecia), que presenta cinco gramos e onde poderían evitarse dous falecementos.

No Estado español, tras La Línea, a cidade de Barcelona é a que maior cantidade de PM2,5 concentra, 16,8 gramos, podendo evitar 2.215 mortes. Por contra, Ávila é a máis limpa, con sete gramos que, con todo, teñen relación con seis mortes.

CONTAMINACIÓN EN GALICIA

As sete cidades galegas estudadas cumpren os parámetros europeos, aínda que todas con números moi altos. A máis “contaminada” é A Coruña, que concentra 12,6 gramos e na que poderían evitarse 106 mortes. Non é, con todo, a que máis falecementos rexistra en relación á súa poboación e as PM 2,5. En Vigo (12,3 gramos) poderían evitarse 111 falecementos.

Lugo rexistra 10,7 gramos relacionados con 35 falecementos, mentres que en Santiago son 9,8 gramos –a cifra de Galicia máis baixa– e 27 mortes. Pechan Pontevedra (10,8 gramos e 24 falecementos) e Ourense (10,3 gramos e 38 mortes).

O outro parámetro que ten en conta o estudo é a concentración de NO2, un gas tóxico que potencia a aparición de ácidos e os niveis das PM 2,5 e que tamén depende maioritariamente da actividade do home. Madrid é a cidade máis contaminada das 856 estudadas atendendo a este parámetro, concentrando 39,2 gramos que ten relación con 1.966 falecementos.

Xa no sexto posto aparece Barcelona (e a súa área metropolitana), que rexistran 38,9 gramos e 1.554 falecementos relacionados.

A cidade que mellores parámetros presenta é a norueguesa Tromso, con 3.4 gramos e sen ningunha morte relacionada. En España, a máis limpa de NO2 é Lorca, con 14,2 gramos e cinco mortes evitables.

Se se pon o foco en Galicia, A Coruña volve ser a máis contaminada, cunha concentración de 22,1 gramos e 49 falecementos; pero, unha vez máis, Vigo rexistra o maior número de mortes evitables, 50, con 21,4 gramos. Ferrol é a segunda menos limpa (20,3 gramos e 15 mortes); seguida de Santiago (18,2 gramos e 13 falecementos); Pontevedra, con 20 gramos e 12 óbitos); Ourense (19,5 gramos e 20 falecementos) e Lugo, con 17,1 gramos e 13 mortes.

VEXETACIÓN

Outro alicerce fundamental para avaliar como de limpa e sustentable é unha cidade é o número de espazos verdes que presenta, ben como vexetación ou como área verde. En canto a vexetación, Trieste (Italia) é a cidade europea que sae peor parada, cun 73,95% de poboación que vive en zonas sen vexetación e con 145 mortes relacionadas con esta situación. No cuarto lugar aparece a primeira cidade española, Xixón, na que se poderían evitar 38 óbitos e onde un 70,51% dos seus habitantes non ten preto vexetación.

No Estado español, a segunda é A Coruña, no posto 10, na que se poderían evitar 93 mortesMáis dun 66% dos coruñeses non teñen acceso a vexetación. A pouca distancia aparece Ferrol, na que se poderían evitar 23 falecementos e cun 43% dos seus veciños sen vexetación preto.

Das galegas, a seguinte peor situada é Vigo, aínda que para atopala hai que baixar ata o posto 192. Na cidade olívica poderían evitarse 61 mortes, con algo máis do 50% dos seus habitantes por baixo do estándar. No posto 296 está Lugo cun 43% de poboación e 22 óbitos; no 480, Pontevedra con 12 falecementos e un 28% de habitantes; e no 535, Ourense con 19 falecementos e un 43% de habitantes.

Entre as máis “verdes” sitúase Santiago (a 838 do ranking) con tan só seis falecementos evitables e con algo máis do 75% da súa poboación con acceso a vexetación.

Nesta liña, a cidade europea que máis vexetación presenta é tamén española, Santa Lucía de Tirajana (Gran Canaria), con só unha morte evitable e con tan só un 38% de poboación por baixo dos parámetros.

SANTIAGO, ENTRE AS MÁIS “VERDES”

Respecto ao outro indicador, as áreas verdes, utilizan a “porcentaxe de área verde” ou “porcentaxe GA”, que inclúe espazos públicos como parques, prazas ou xardíns. Débese contar con polo menos un 25% de área verde para cumprir coa recomendación da OMS.

Cádiz lidera a lista das cidades europeas co 100% da súa poboación vivindo en zonas con menos dun 25% de áreas verdes e con 20 mortes relacionadas con iso. Na cuarta posición volve aparecer La Línea de la Concepción, con 10 mortes relacionadas con que o 82% da súa poboación non dispoña do mínimo marcado.

As que contan con máis áreas verdes son dúas cidades portuguesas, Paredes (0 mortes evitables) e Guiamaraes (un falecemento a evitar) e ambas as DÚAS con máis do 90% da súa poboación con acceso a estas zonas. En España, a máis “verde” é Puerto de la Cruz (Tenerife) e a súa área metropolitana, con algo máis do 80% da súa poboación con acceso polo menos a un 25% de áreas verdes e cun só un falecemento evitable.

Das sete cidades galegas, a mellor situada é Santiago (posto 859), con tan só dúas mortes evitables e un 24% de habitantes sen acceso ao mínimo de áreas verdes. En bo lugar quedan tamén Pontevedra (dous falecementos e un 31% sen acceso); e Ourense (con cinco mortes relacionadas e un 40% de poboación sen a porcentaxe verde recomendado).

Séguenas Ferrol (catro óbitos e un 47% de poboación por baixo do estándar); e Vigo (17 mortes e un 55% de habitantes por baixo). A peor parada é A Coruña, que presenta máis dun 66% da súa poboación sen acceso aos mínimos de áreas verdes recomendados e rexistra 22 falecementos evitables.

ÚLTIMAS

O condutor do coche que se precipitou ao mar en Domaio, cuxa acompañante apareceu morta, acelerou “notablemente” antes de caer

O condutor do coche sinistrado no Paseo de Domaio, en Moaña, "acelerou notablemente" antes...

Investigan a aparición dunha muller falecida tras caer nun coche ao mar en Domaio

A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida dunha muller,...

Nova concentración na praia do Vao para reclamar “acceso libre” á illa de Toralla

A praia do Vao en Vigo acolleu este sábado un novo acto reivindicativo, organizado...