InicioSociedadeUnha enfermeira enfróntase a 4 anos de cárcere por consultar sen permiso...

Unha enfermeira enfróntase a 4 anos de cárcere por consultar sen permiso a historia clínica do seu exmarido

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha enfermeira da área sanitaria de Vigo enfróntase a 4 anos de prisión como presunta autora dun delito de descubrimento de segredos, por consultar sen permiso o historial clínico do seu exmarido, e será xulgada este venres na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, a procesada aproveitou a súa condición de funcionaria no sistema sanitario público para acceder en polo menos sete ocasións á historia clínica da súa exparella, entre o 19 de novembro de 2020 e o 19 de xaneiro de 2021.

Estes accesos ao seu historial, fíxoos usando o seu nome de usuario e a súa clave interna, sen que o prexudicado lle dera autorización e sen que mediasen motivos asistenciais.

Por iso, a Fiscalía considera á acusada autora dun delito de descubrimento de segredos, coa circunstancia agravante de parentesco, e pide para ela a pena de 4 anos de prisión. Tamén reclama que se lle impoña unha multa de 5.940 euros e a inhabilitación absoluta durante 7 anos.

ÚLTIMAS

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo pagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...