InicioSociedadeReunión este mércores de familiares das vítimas do "Villa de Pitanxo" con...

Reunión este mércores de familiares das vítimas do “Villa de Pitanxo” con grupos do Congreso

As familias do 'Villa de Pitanxo' tamén remitiron peticións para atoparse co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pero non teñen contestación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de familiares das 21 vítimas do naufraxio do buque ‘Villa de Pitanxo’, ocorrido ao leste de Terranova (Canadá) na madrugada do 15 de febreiro reúnense este mércores, no Congreso dos Deputados, con distintos grupos.

Ademais de manter unha reunión co sindicato CC OO, a partir das 12,00 horas seguiranse reunións co portavoz do PP, do PNV e do BNG, respectivamente (ás 12, 13 e 14 horas), no Congreso.

As familias do ‘Villa de Pitanxo’ tamén remitiron peticións para atoparse co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pero non teñen contestación. Segundo informaron este martes á prensa, tampouco teñen resposta dos grupos do PSOE e de Unidas Podemos para atoparse na Cámara Baixa este mércores.

Baixar ao pecio e tomar imaxes dos restos do naufraxio é unha das principais reivindicacións das familias para así poder esclarecer o ocorrido na madrugada do 15 de febreiro, dadas as declaracións contraditorias do patrón, Juan Padín, e doutro dos sobreviventes, Samuel Kwesi, que transcenderon nos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...