InicioSociedadeO home detido por asasinato machista en Tenerife e a vítima eran...

O home detido por asasinato machista en Tenerife e a vítima eran residentes en Vigo

Pasaban uns días de vacacións no sur da illa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Asasinada unha muller de 83 anos presuntamente a mans do seu marido. A anciá, que foi localizada morta na tarde deste mércores nos Cristianos, no municipio de Arona, en Tenerife, era galega e pasaba uns días de vacacións no sur da illa co seu marido, confirmou o delegado do Goberno en Canarias, Anselmo Pestana, en ‘Cope Canarias’.

Os feitos producíronse a media tarde deste mércores, ás 16,30 horas, cando os axentes da Policía Nacional foron mobilizados a unha vivenda a través dunha chamada veciñal ao 112 e atoparon o cadáver da muller, con feridas de arma branca, xunto ao seu marido e presunto asasino.

O home, de 84 anos, atopábase baixo custodia policial nun centro sanitario para recuperarse das súas feridas e Pestana recoñece que “todo indica” que se trata dun caso de violencia machista, aínda que insistiu en ser “prudentes” aínda á espera de que culmine a investigación. O Goberno de Canarias, a través do Instituto Canario de Igualdade, activou o protocolo DEMA de atención ás vítimas e no Cabildo de Tenerife gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa.

O galego de 83 anos acusado de matar a súa muller na tarde deste mércores en Arona foi finalmente detido pola Policía Nacional unha vez abandonou o hospital, onde estaba custodiado.

Sobre o matrimonio galego, residentes en Vigo e que pasaba tempadas de vacacións no sur da illa, non pesaban denuncias por malos tratos.

O Cabildo de Tenerife e o Concello de Arona celebraron este xoves concentracións e un minuto de silencio en repulsa polos feitos.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...