InicioSociedadeA Xunta habilita unha embarcación para atravesar o río Miño entre A...

A Xunta habilita unha embarcación para atravesar o río Miño entre A Guarda e Caminha

O novo servizo reforzarase a partir do mes de xullo coa habilitación dun barco propio e exclusivo de propulsión eléctrica con viaxes regulares nos dous sentidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, coñeceu este sábado o proxecto ‘Xacobeo Transfer’, un novo servizo de turismo náutico sustentable habilitado no Baixo Miño para conectar A Guarda coa localidade portuguesa de Caminha. Da iniciativa poderán beneficiarse tanto veciños, como turistas e peregrinos do Camiño Portugués da Costa.

Así, desde este mesmo sábado, os peregrinos que queiran cruzar o río dispoñen de dúas embarcacións, unha delas eléctrica, que une os dous portos. “O novo servizo facilita e promove o Camiño de Santiago seguindo o itinerario que parte do Porto e pasa por Esposende, Viana do Castelo e Camiña e que entra en Galicia pola Guarda, pasando por Baiona e Vigo ata unirse co Camiño Portugués en Redondela”, explican nun comunicado.

O vicepresidente destacou que supón ademais un “atractivo” para o turismo en xeral e un novo servizo para os veciños de ambos os lados do río. “O Camiño é un nexo de unión entre Galicia e o norte de Portugal que crea riqueza e emprego”, sinalou Rueda respecto dos proxectos conxuntos que Galicia e o norte de Portugal preparan desde hai décadas.

Indican ademais que o novo servizo reforzarase a partir do mes de xullo coa habilitación dun barco propio e exclusivo de propulsión eléctrica con viaxes regulares nos dous sentidos. A actividade realizase a través do convenio asinado entre Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+), que se fará cargo do transporte.

No comunicado, a Xunta remarca que o proxecto de turismo náutico complétase con melloras no porto da Guarda e coa sinalización da ruta xacobea e dos servizos complementarios habilitados na zona, no marco dun plan de potenciación do Baixo Miño que inclúe tamén rutas de sendeirismo e itinerarios pola zona con medios de transporte sustentable.Nesta liña, o vicepresidente remarcou tamén o feito de que o servizo se poña en marcha coincidindo coa Semana Santa, “cunhas previsións moi favorables para a ocupación turística en Galicia”.

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...