InicioSociedadeA área de Vigo encara a Semana Santa cun aumento de casos...

A área de Vigo encara a Semana Santa cun aumento de casos covid

Baixan, pola contra, as hospitalizacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia encara o inicio desta semana Santa cun aumento dos casos activos de Covid-19 ata os 11.626 –implican 138 máis que o día anterior–, de hospitalizados, con 488 –supoñen 15 máis–; e de novos contaxios, con 1.276 –case 200 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 30,5% no conxunto de Galicia, seis veces máis do recomendado pola OMS.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, aumentan a 20 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis– e a 468 as hospitalizadas en unidades convencionais –12 máis–, mentres que 11.138 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria baixa na área de Vigo, onde continúan catro pacientes Covid en UCI e descenden a 68 os ingresados noutras unidades –oito menos–.

AUMENTAN OS CASOS

A tendencia descendente continua de casos activos de Covid-19 desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións, freouse ao aumentar a 11.626, que supoñen 138 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (1.276) que altas (1.134), ao que se suman catro falecementos. Hai unha semana –o venres 1 de abril– había 18.965 infeccións activas. Os casos activos aumentan  en cinco das sete áreas, coa de Ourense á cabeza (+79) e Vigo (+65) onde os casos volven subir aos 2.130.

ÚLTIMAS

Desarticulada en Vigo unha trama que captaba mulleres sen papeis en apps de citas: prometíalles amor e traballo… e explotábaas 16 horas ao día

A Policía Nacional desarticulou en Vigo unha armazón de explotación laboral en froitarías que...

Acepta case 11 anos de prisión por ameazar e acosar a xuíces, avogados e policías en Vigo

Un home aceptou penas que suman case 11 anos de prisión e multas por...

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...