InicioSociedadeA crise de abastecemento de materiais atrasa as obras da Cidade da...

A crise de abastecemento de materiais atrasa as obras da Cidade da Xustiza de Vigo “un par de meses”

A previsión era que a obra estivese rematada este mes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta informou este venres que a crise xeneralizada no abastecemento de materiais provocará unha demora das obras da Cidade da Xustiza de Vigo “previsiblemente dun par de meses”.

Así o sinalou o Goberno galego, quen explicou que pese ao atraso provocado por unha “continxencia de ámbito internacional” que afecta a subministración de materiais, o Executivo autonómico seguirá traballando na axilización dos labores que non dependen deses abastecementos.

“As obras continuaban con normalidade ata a data coa intención de ter en breve rematada a adaptación do edificio (o antigo Hospital Xeral) ás necesidades do complexo xudicial. Pero a situación de desabastecemento global, tanto na chegada de materiais nos prazos acordados como na reposición de subministracións existentes na medida en que se van consumindo, obriga a atrasar a finalización das obras, que se demorarán previsiblemente un par de meses“, engadiu. A previsión era que a obra estivese acabada este mes.

A nova infraestrutura, que acollerá 38 unidades xudiciais, trátase da obra xudicial máis importante da historia en Galicia na que a Xunta investiu máis de 42 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...