InicioSociedadeO persoal de Elecnor, á folga en Vigo para evitar ser despedido

O persoal de Elecnor, á folga en Vigo para evitar ser despedido

Convocadas cinco xornadas de paro de 24 horas os vindeiros días 28, 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril e mobilizacións en Vigo a partir do martes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal de Elecnor, empresa vasca encargada dos traballos de instalación e mantemento da compañía R Cable, convoca cinco xornadas de folga e mobilizacións para reclamar a subrogación por parte da nova compañía encargada do servizo.

CIG-Industria denuncia que o persoal de Elecnor quedará na rúa no caso de que a nova subcontrata, a empresa valenciana Obremo, non asuma os seus contratos, algo que si fixo na provincia de Ourense.

Dende a central sindical sinalan isto foi posible porque o convenio colectivo provincial do Siderometal ourensán contempla a subrogación entre empresas privadas, algo que non figura no convenio de Pontevedra. “Deste xeito”, explica a CIG, “cando o vindeiro 30 de marzo remate a concesión do servizo os arredor de 40 traballadores de Elecnor serán despedidos se R Cable non lle reclama á nova subcontrata que os subrogue”.

Por todo isto, as persoas afectadas apostaron por promover unha convocatoria de paros o vindeiro luns 28, martes 29, mércores 30 e xoves 31 de marzo e o venres 1 de abril. Ao mesmo tempo, desenvolverán mobilizacións diarias a partir do martes en Vigo, en concreto diante da sede de R na rúa García Barbón, 38, de 10:30 a 12:30 horas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...