InicioSociedadePlataformas pola sanidade de toda a área concéntranse en Vigo para pedir...

Plataformas pola sanidade de toda a área concéntranse en Vigo para pedir máis medios e anuncian unha gran manifestación

Reclaman máis persoas en centros de saúde e PAC e sairán á rúa de novo o 12 de abril na cidade olívica

PUBLICADO O

- Advertisement -

Membros das plataformas en defensa da sanidade pública de 17 municipios da área sanitaria de Vigo concentráronse este xoves fronte á delegación da Xunta na cidade para reclamar máis medios e persoal en Atención Primaria, e avanzaron a convocatoria dunha gran manifestación, tamén na cidade olívica, para o próximo 12 de abril.

Así, con pancartas identificativas de cada un dos colectivos, concentráronse representantes das plataformas de municipios como Cangas, Moaña, As Neves, Ponteareas, Covelo, Mondariz, Oia, Salvaterra, O Rosal, Tomiño, Tui ou Val Miñor. Así mesmo, colocaron dous cadaleitos de cartón fronte á delegación territorial do goberno galego, e unha gran tesoira para simbolizar os recortes e a morte da sanidade pública.

Ademais de membros destas plataformas, sumáronse a protéstaa sindicatos, e concelleiros e deputados do PSOE, Marea de Vigo e BNG, e todos corearon consignas como “coa nosa saúde non se xoga”, “goberne quen goberne, a sanidade non se vende” ou “pedimos o normal, sanidade para o rural”.

O portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, Xosé Manuel Méndez, explicou en declaracións aos medios que a concentración ten como fin expresar o rexeitamento da cidadanía aos recortes en sanidade, “que provocan situacións moi complicadas” en toda Galicia e “de maneira moi clara no sur da provincia de Pontevedra”.

“É unha cuestión xeneralizada de falta de profesionais, de maneira moi especial na Atención Primaria e nas Urxencias. A reivindicación global é a dotación de persoal en todos os centros de saúde e a PAC”, subliñou.

GRAN MANIFESTACIÓN O 12 DE ABRIL

Pola súa banda, o portavoz de SOS Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galicia, Manuel Martín, incidiu en que a situación da Atención Primaria na comunidade é “dramática” e “esixe que o goberno galego poña recursos extraordinarios, que non os está pondo”.

Tras pór en valor a “unidade” das plataformas da área sanitaria e de organizacións como sindicatos ou partidos, Manuel Martín avanzou que as plataformas convocarán unha gran manifestación para o próximo 12 de abril en Vigo. “Non imos parar ata que a Atención Primaria estea na axenda política do goberno de Galicia e das organizacións profesionais e sindicais”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...