InicioSociedadeInvestigadores da UVigo deseñan un dispositivo que permitirá predicir crises epilépticas

Investigadores da UVigo deseñan un dispositivo que permitirá predicir crises epilépticas

Rexistrará sinais de electroencefalograma para analizalas con intelixencia artificial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do grupo CIMA da Universidade de Vigo (UVigo) traballan no deseño dun dispositivo que permitirá predicir crise epilépticas con varios minutos de antelación.

Este aparello rexistrará sinais de electroencefalograma para analizalas con intelixencia artificial e buscará patróns que permitan predicir unha crise epiléptica.

“O obxectivo principal é demostrar que é posible predicir as crises epilépticas en tempo real e en pacientes que realicen unha vida normal, fóra da clínica, e buscar o límite ata o cal a tecnoloxía pode chegar en termos de finalidade e predición”, indicou o investigador do grupo CIMA Carlos Riveiro Cedeira, que está a desenvolver o dispositivo no ámbito do proxecto PredicEPI, financiado pola multinacional Indra e a Fundación Universia.

O mesmo dispositivo podería rexistrar as ondas eléctricas cerebrais co obxectivo de apoiar o seguimento de enfermidades e axustar o tratamento por parte do equipo médico a cargo dos pacientes.

Uns 50 millóns de persoas no mundo e unhas 350.000 en España padecen epilepsia, un trastorno do cerebro causado por un funcionamento anormal esporádico dun grupo de neuronas. Aínda que a maioría das crises epilépticas non ocasionan accidentes graves ás persoas, a posibilidade de detectalas antes de que se produzan contribuiría de forma “significativa” a mellorar a súa calidade de vida, explicaron desde a UVigo.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...