InicioSociedadeCase 100 mozos de Moaña recibiron formación sobre os perigos do cannabis

Case 100 mozos de Moaña recibiron formación sobre os perigos do cannabis

A Asociación Érguete e o Concello puxeron en marcha unha campaña para desmentir os mitos desta droga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A campaña de prevención sobre o cannabis que puxeron en marcha o Concello de Moaña e a Asociación Érguete durante o 2021 xa formou case 100 adolescentes do IES Plurilingüe A Paralaia e do IES As Barxas co obxectivo de achegar ao alumnado conceptos e ferramentas de prevención e sensibilización respecto ao cannabis.

A concelleira de Benestar Social, María Ortega, destacou os resultados e salientou “a importancia de estar ao lado dos mozos e mozas para axudalos a entender a problemática das adiccións, sempre con empatía e sen estigmatizar nin culpabilizar”. A edil tamén engadiu que, ademais deste programa, o Concello e a Asociación Érguete seguen traballando para poñer en marcha outros proxectos na liña de previr as adiccións no municipio do Morrazo.

A coordinadora da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, explicou que “levamos anos colaborando cos centros de educación primaria e coas familias para falar dos perigos do atracón do alcol, do xogo online e das apostas deportivas”. Así mesmo, agradeceu ao Concello de Moaña “a súa implicación coas nosas propostas”, convencida que este tipo de políticas preventivas son as “máis axeitadas para traballar no ámbito das adiccións”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...