InicioSociedade'Sesión vermut' con música os sábados e domingos de marzo en Tui

‘Sesión vermut’ con música os sábados e domingos de marzo en Tui

É a iniciativa creada para impulsar a hostalaría da zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dinamizar a zona e impulsar a actividade dos locais de hostalaría é o obxectivo da iniciativa “Vermuteando na Compostela” que veñen de poñer en marcha o Bar Amazonas, Entre Horas, Puro Sabor e Xeitoso coa colaboración do Concello de Tui e de EMPRETUI.

Así, os sábados e domingos deste mes de marzo, dende ás 12h, estes catro locais crearán unha ruta na que se poderá degustar un vermú acompañado dun pincho e coa ambientación musical da man de DJ’s.

Ademais, entre todas as persoas que ao longo do mes disfruten da iniciativa sortearase unha estancia en Cantabria e outra nas Cabanas da Ulla. “Vermuteando na Compostela” comeza xa este sábado 5 de marzo e o domingo 6 dende ás 12 h.

ÚLTIMAS

Buscan a unha muller de 44 anos de idade desaparecida en Vigo desde este domingo

SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...