InicioSucesosAprazada ao 11 de marzo a comparecencia do exmozo de Déborah Fernández

Aprazada ao 11 de marzo a comparecencia do exmozo de Déborah Fernández

Será a primeira vez que esta persoa (á que un informe policial apunta directamente como principal sospeitoso pola morte da moza) compareza ante un tribunal en relación con este crime.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Tui acordou aprazar ata o 11 de marzo a comparecencia, en calidade de investigado, do exmozo de Déborah Fernández-Cervera, a moza viguesa cuxo cadáver apareceu nunha cuneta do Rosal en maio de 2002. Este home foi citado inicialmente para o 21 de febreiro, despois de que a Audiencia Provincial de Pontevedra estimase un recurso da familia de Déborah contra a negativa do xulgado de instrución a chamalo a declarar.

Finalmente, a petición do propio letrado do investigado, a súa comparecencia quedou posposta para o 11 de marzo, para que o seu representante legal teña tempo de estudar a causa. Nesa data, se non hai cambios, será a primeira vez que esta persoa (á que un informe policial apunta directamente como principal sospeitoso pola morte da moza) compareza ante un tribunal en relación con este crime.

A citación dunha persoa como investigado nesta causa paraliza o prazo de prescrición (que se produciría a finais de abril deste ano).

CASE 20 ANOS DESDE A APARICIÓN DO CADÁVER

Déborah Fernández-Cervera desapareceu en 2002, cando tiña 21 anos de idade, despois de saír da súa casa para facer deporte. O seu cadáver foi localizado dez días despois, rodeado de pistas falsas, nunha cuneta do Rosal, e nunca houbo ninguén detido nin formalmente investigado, ata agora, por este crime. O caso ía arquivar pero, a finais de 2019, foi reaberto e fixéronse varias dilixencias periciais e declaracións de testemuñas. Ademais, en maio de 2021 exhumouse o cadáver da moza para facerlle algunhas probas de ADN, das que a familia segue á espera de resultados.

Nos últimos meses tamén se examinou o coche do principal sospeitoso e diferentes pertenzas. Así, entre outros achados, foron localizadas unhas fibras baixo as uñas da moza que coincidían coa tea dunha manta que pertenceu ao sospeitoso (aínda que eran unhas fibras moi comúns e o achado non se considerou determinante), e as análises da empresa Lazarus levaron á conclusión de que o computador de Déborah fora manipulado.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...